Unha explosión provoca danos na Casa do Concello de Beade

O estoupido foi ás catro da madrugada e causou danos materiais na porta do edificio. O alcalde de Beade, Senén Pousa, volveu recentemente ao albo da polémica por reiterar públicamente as súas simpatías franquistas.

A Garda Civil investiga unha explosión que, sobre as catro da madrugada deste luns, causou diversos danos materiais na Casa do Concello de Beade, segundo informa a Radio Galega.

O alcalde da vila, Senén Pousa, volveu defender publicamente hai uns días o réxime de Franco. Este rexedor, do Partido Popular, ten organizado durante anos misas en honra do ditador para alén de defender o sistema franquista. Unhas declaracións e actos que non lle significaron reprimenda nin medida disciplinaria algunha por parte do seu partido.

Alcalde: "Non sabemos se foron os mesmos que os da basílica do Pilar de Zaragoza"

En declaracións a Europa Press, o rexedor e Beade afirmou que o estoupio "foi horríbel" e que se escoitou "en toda a vila" así como "na do lado". Preguntado sobre a posíbel autoría, Pousa afirmou: "Non sabemos quen foi, non sabemos se foron os mesmos que na basílica do Pilar e Zaragoza".

Pola súa banda, o ministro do Interior, Fernández Díaz, atribúe os feitos a unha "operación radical".

Comentarios