Estoupa un artefacto explosivo nun caixeiro de Tui

O estoupido tivo lugar as 4:15 horas. O alcalde tudense, en declaracións á Radio Galega, desbotaba a hipótese dun atentado. 

Tui
photo_camera @serbaixomino

Un artefacto explosivo estoupou esta madrugada pasada en Tui, cabo da Estación de Guillarei, no caixeiro automático dunha sucursal bancaria, causando diversos danos materiais. Após rebentar o caixeiro, os asaltantes levaron os cartos. A investigación traballa con todas as hipóteses, se ben o alcalde tudense, en declaracións na Radio Galega, desbotaba en principio que puidese ser un atentado e inclinábase máis pola liña do roubo. Na zona sur da provincia de Pontevedra teñen nestes anos estoupado artefactos que a Policía atribuiu a Resistencia Galega.

Segundo informan axencias e medios citando fontes policiais, as Forzas de Seguridade estarían á procura de dúas persoas que fuxiron cara Portugal nun vehículo con matrícula do país luso.

Comentarios