O Estado español recorrerá a sentenza do Prestige perante o Supremo

O presidente da Xunta de Galiza anunciou que o Estado recorrerá a sentenza para recuperar o diñeiro investido na limpeza da costa. 

Imaxe do Prestige tomada pola Armada española
photo_camera Imaxe do Prestige tomada pola Armada española

En comparecencia de imprensa após un acto organizado polo xornal ABC en Madrid, Alberto Núñez Feijóo anunciou que o Estado español presentará recurso de casación perante o Tribunal Supremo pola sentenza do Prestige. Así llo confirmou esta segunda feira o ministro español de Xustiza, Alberto Ruíz Gallardón quen avanzou que a Avogacía do Estado está a preparar a documentación precisa. 

O Estado recorrerá a sentenza na procura de recuperar o diñeiro investido na limpeza da costa pois no fallo xudicial do pasado día 11 non se impón unha indemnización polos danos causados. 

As confrarías non presentarán recurso

Pola súa banda as confrarías de pescadores de Galiza, Cantabria e Asturies non presentarán recurso perante o Supremo porque, din, non hai "moitas posibilidades" de que a máxima instancia emita un fallo distinto ao ditado pola Audiencia provincial. 

No entanto, demandan á Audiencia que aclare algúns "puntos escuros" da sentenza. 

Comentarios