RESCATE

Esta sexta nos quiosques, o número 2 de Sermos Galiza

Este segundo número achega reportaxes sobre o rescate, os congresos de MGS, e UPG, a presentación de Abrente, a educación infantil, o fútbol feminino ou a literatura, logo da entrega dos Premios Xerais.

Outros contidos deste número son unha entrevista a Carlos Aymerich, despois da presentación, o sábado pasado, de Abrente, a nova corrente do BNG, ou unha análise previa ao XIII Congreso da UPG, esta fin de semana. Tamén recollemos a reclamación de que a Igrexa paque o Imposto de Bens Inmobles, e en información internacional, as eleccións gregas desta fin de semana centran a atención. 

A denuncia contra a TVG por manipulación informativa, a mutilación dos proxectos que existían no ensino público infantil e as novas propostas que están xurdindo no ámbito privado, e a situación d@s coidadores/as das persoas idos@s son algunhas das claves de sociedade. Na sección de Deportes, achegámonos ao equipo de fútbol feminino O Olivo, e no que ten que ver con Memoria Histórica, afondamos no proxecto interuniversitario Nomes e Voces, agora sen apoios. En Cultura, ao fío da novela que levou o Premio Xerais Tonas de laranxa, de Manuel Lorenzo Baleirón e María Lorenzo Míguez, afondamos na literatura escrita "a catro mans" (ou máis), e entrevistamos á poeta Olga Novo. Viaxamos a Pena Trevinca na sección de Patrimonio, o Okapi no Courel coñece a Mamá Cabra, e na contraportada falamos con Lydia Botana, batería d@s Labreg@s do Tempo d@s Sputniks.

Comentarios