Esta sexta feira, Sermos Galiza regresa aos quiosques

Após as ferias de Pascua voltamos aos quiosques carregad@s de información. A estreita amizade do presidente da Xunta co contrabandista e narcotraficante Marcial Dorado será o tema de abertura do semanario número 41, que tamén se debruzará sobre outros moitos temas de interese. 

Este novo número do semanario Sermos Galiza focará a súa atención no escándalo que protagoniza o presidente da Xunta de Galiza. Nesta edición SG dedicará especial atención ás polémicas fotos que están a dar a volta ao mundo e nas que Alberto Núñez Feijóo aparece na compaña do narcotraficante arousán Marcial Dorado. Para afondarmos máis na realidade que está a viver o líder do executivo galego contaremos cunha nova opinión asinada por María Pilar García Negro. 

Porén, outros moitos asuntos ocuparán as 32 páxinas do Sermos Galiza que máis unha semana contará cun novo caderno de análise. Neste número, dedicaremos o A Fondo á XXX Semana de Filosofía que realiza a Aula Castelao e que decorre nestes días en Pontevedra. Opinións, entrevistas e artigos de análise en que debullamos tres décadas de pensamento construído arredor desta importante iniciativa. Falaremos destes trinta anos con Carlos Calviño, coordenador da Aula Castelao, mais tamén con Ramón Regueira, membro fundador e primeiro presidente da Aula. 

Todos estes temas e moito máis esta sexta no teu quiosque. 

Comentarios