Enviado a Sermos Galiza un vídeo supostamente de Antom Garcia Matos

Sermos Galiza recibiu na súa redacción un vídeo cunha mensaxe supostamente de Antom Garcia Matos, persoa sobre a que pesa unha orde de busca e captura baixo a acusación de pertenza á "organización terrorista" Resistencia Galega.


Na gravación, que chegou á redacción de Sermos Galiza nun envío postal ordinario, a persoa que se identifica a si propia como Antom Garcia Matos, e que aparece co rosto semi-cuberto, reivindica e xustifica o uso da "luita" armada na Galiza.

A gravación comeza cunha lenda sobre-impresionada en que se pode ler: "Comunicaçom desde a clandestinidade de Antom Garcia Matos, guerilheiro da resistência galega".

No vídeo, afirma o seguinte: "Deixemos de compadecernos-nos, atenhamo-nos aos factos: a luita da resistência galega é luita armada".

Sermos Galiza reitera a súa posición editorial de reprobación da violencia e reafirma a súa convicción de que a loita social e democrática do pobo galego debe sustanciarse sempre através de meios pacíficos e absolutamente respeitosos cos dereitos humanos.