Unha enquisa dálle tres escanos á coligación na que se presentaría o BNG ás europeas

Tres escanos no parlamento da UE e un 5,1% dos votos emitidos, cun notábel incremento con respecto ao 2009. Estes son os resultados que lle outorga a enquisa que hoxe publica o xornal El País á coligación coa que se presentaría o BNG ás eleccións europeas de maio. 

europa
photo_camera europa

A enquisa elaborada por Metroscopia para El País, dálle á coligación coa que se presentaría o BNG un importante incremento con respecto aos datos obtidos no 2009. A candidatura nacionalista de esquerdas obtería un 5,1% dos sufraxios, o dobre do 2,5 % acadado nas eleccións do 2009. Os votos corresponderíanse con tres escanos no parlamento europeo para a coligación nacionalista. O estudo electoral contempla unha lista electoral formada por ERC, BNG, Aralar, Los Verdes, EA, Cha e Entesa per Mallorca. 

A enquisa recolle tamén o dato de que o PP non sería a forza máis votada por vez primeira nunhas eleccións estatais. 

Desde que hai catro anos se convocaran as anteriores eleccións europeas, a enquisa mostra unha clara diminución na afección da cidadanía á UE. A porcentaxe de persoas que pensan que a entrada na UE foi beneficiosa para a España diminuíu, segundo Metroscopia, do 80 ao 65%. Co respóndese con ese dato o incremento de quen opina que foi prexudicial que pasa do 9 ao 24%. 

Comentarios