Emigrantes retornad@s chaman á participación masiva na manifestación do día 28 de outubro

Máis de 250.000 emigrantes retornad@s con pensións no estranxeiro están convocad@s a unha manifestación en Compostela o vindeiro 28 de outubro. Entregaranlle un documento coas súas reivindicacións a Feijóo. 

Manifestación Emigrantes Retornad@s
photo_camera Manifestación Emigrantes Retornad@s

A Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Retornados convoca o vindeiro 28 de outubro unha manifestación nacional en Santiago que sairá ás 11 da mañá da Alameda para rematar diante do Parlamento de Galiza, onde entregarán un documento reivindicativo ao presidente da Xunta ademais das sinaturas que están a recoller as distintas plataformas comarcais.

Fóra lei de “dous pagadores”

Desde a Coordinadora fan un chamamento á participación masiva e lembran que son máis de 250.000 as persoas con pensións no estranxeiro que continúan a recibir comunicación con carácter retroactivo da Axencia Tributaria Española nas que se recollen a obriga de facer a declaración dos cinco anos anteriores, desde 2008, ademais de pagar multas e xuros. 

Reclaman máis unha vez un trato igualitario e as reformas da lei 35/2006 de maneira que se contemple a obriga de declarar desde os 22..000€/ano de ingresos, sexa con un ou varios pagadores, e, polo tanto que se sometan a un réxime de retencións similar ao do resto d@s pensionistas. Esixen , entre outras cousas, a devolución por oficio de todo o pagado e dos seus intereses e a anulación dos expedientes. Cualifican de “inmoral” que se lle impoñan sancións a un colectivo “perceptor das pensións máis baixas despois de traballar toda unha vida no estranxeiro”.

Comentarios