Emigrantes intensificarán as súas protestas

Os colectivos de emigrantes retornad@s anuncian que intensificarán as súa protestas e identifican ao PP como “responsábel do roubo” das súas pensións. Esixen o fin da discriminación entre persoas con un ou varios pagadores. 

Concentración en Foz
photo_camera Concentración en Foz

Unha vez máis, o colectivo de Emigrantes Retornados da Mariña concentrouse diante da Delegación da Facenda en Foz para defenderen os seus dereitos. Denuncian que a administración do estado continúa a remitir cartas con requerimentos de pago onde inclúen sancións e intereses polo que acusan ao PP de “ofrecer parches como solucións ao tempo que seguen sangrando as nosas pequenas pensións”. 

Tachan de “cosmética” os anuncios “electoralistas” do PP  e esixen “medidas eficaces” para que a tributación das súas pensións sexa xusta e igualitaria. Esixen tamén a devolución de oficio dos cartos das persoas que aboaron sancións e intereses. Anuncian tamén que non abandonarán as súas reivindicacións e mobilizacións até acadaren os obxectivos, o trato igualitario na súa tributación. “Tampouco deixaremos de sinalar co dedo a aqueles que como Montoro, Rajoy ou Feijóo pretenden só un enxaugue electoralista no canto de resolver o problema da nosa discriminación”, denuncian. 

Comentarios