Elvira Souto (GpS): "Non queremos unha nación submetida"

Galiza pola Soberanía (GpS) preséntase publicamente após se constituír formalmente no último plenario no que @s integrantes desta iniciativa social a "dotaron de obxectivos concretos". Conformada por 200 persoas de perfís moi variados, GpS promove a construción dun estado propio para Galiza. 

Elvira Souto
photo_camera Elvira Souto

Galiza pola Soberanía comeza a súa andaina e en Sermos Galiza conversamos con Elvira Souto. Activista polos dereitos e liberdades fundamentais, integra a Coordinadora nacional desta iniciativa social composta --até o momento-- por 200 persoas. 

"Non se lle pode pedir a unha persoa nacionalista que non sexa independentista"

"O perfil é moi variado" sinala en relación c@s integrantes de GpS, d@s que di, "proveñen dos movementos ecoloxistas e feministas" mais tamén do movemento sindical, a cultura... "tentamos que a composición desta iniciativa sexa o máis plural posíbel" tanto "na idade, o xénero como a actividade social", sinala Elvira Souto. 

GpS ten por obxecto "gobernarmos nós a nosa terra" fronte a recentralización política do Estado e a perda de capacidade de decisión da cidadanía. 

A iniciativa Galiza pola Soberanía presentarase publicamente o vindeiro 20 de xullo logo de se constituír formalmente no plenario decorrido o pasado día 6.  "Queremos unha sociedade soberana", sentencia Elvira Souto inquirida polos obxectivos da GpS, e "non dunha realidade estranxeira". 

A entrevista completa pódela ler no número 56 do Sermos Galiza, xa á venda nos quiosques do país e na nosa loxa 

Comentarios