Dous barcos para o país que foi líder na construción naval

O sector de Ferrol rebaixa o triunfalismo da Xunta pola adxudicación dos floteis de Pemex: "É un buque, non a solución". O de Vigo lembra que na comarca hai máis estaleiros que o de Barreras e que seguen sen contratos.

pechenaval
photo_camera pechenaval

Á sexta foi a vencida: 497 días despois de o presidente da Xunta anunciar publicamente un acordo con Pemex para construír en estaleiros galegos 2 buques floteis, os barcos foron adxudicados. Un ano e medio no que Feijóo se sentiu máis dunha vez contra as cordas, con 5 adiamentos na licitación e os traballadores do naval a exixir carga de traballo e menos promesas.

"A construción por Pemex dun buque flotel en Ferrol e doutro en Vigo suporá dar emprego durante máis de dous anos a máis de 3.000 persoas". Isto puña na nota oficial da Xunta de setembro de 2012, cando Feijóo anunciara o 'maná' de Pemex. A realidade, porén, é ben outra. José Blanco, secretario do comité de empresa de Navantia, pon cifra: "sobre 350 empregos directos, como moito 400. E apenas vai dar traballo á industria auxiliar". Sergio Gálvez, de Barreras, di que sobre 600 persoas traballarán no flotel. Así pois, mil como moito. "Un terzo do que prometían os da Xunta".

Información completa no Sermos Galiza nº82