Dous anos despois reclaman no Obradoiro xustiza para as vítimas do Alvia 

“Verdade, xustiza e responsabilidade política”. Son os tres eixos da reclamación que a Plataforma Vítimas Tren de Santiago levaron nesta mañá do 24 de xullo, cando se fan dous anos do accidente na curva da Grandeira. 

angrois
photo_camera angrois

81 falecidos e máis de 140 feridos. Os terríbeis datos do accidente do tren en Angrois de hai dous anos lembrábanse desde a faixa central que familiares e vítimas portaban na concentración da mañá deste 24 de xullo, data na que se fai o segundo aniversario do accidente. 

“Verdade, xustiza e responsabilidade política” centraron as súas reclamacións  nunha concentración que convocou a centos de persoas na praza do Obradoiro e na que se responsabilizou ao PP, PSOE, ADIF e Renfe do esquecemento e o ocultamento das verdadeiras responsabilidades do sinistro. Pancartas coas fotografías de Rajoy, Feijóo ou Pepe Blanco, ademais doutros cargos políticos, mostrábanse nunha concentración na que se reivindicaba a verdade e a deputación de responsabilidades políticas. A Plataforma esixe a apertura dunha comisión de investigación que esclareza o acontecido e acusa a “desidia e despreocupación de certos cargos públicos que ademais saíron favorecidos desta traxedia con melloras nos seus cargos”, lamentan. 

Disconformidade e indignación polo trato

A convocatoria tiña como obxectivo lembrar as vítimas e mostrar a súa “disconformidade e indignación polo trato” que están sufrindo ademais de denunciar a “negativa a crear unha comisión de investigación parlamentaria para que se depuren responsabilidades políticas”. O presidente da plataforma, Jesús Domínguez, criticou que se queira sinalar ao maquinista como único responsábel nun sinistro que, ao seu ver, foi “evitable”. 

Pola tarde, despois do funeral na Colexiata do Sar en memoria dos falecidos, as persoas participantes sairán en procesión até Angrois no que se desenvolverá un acto público que finalizará ao paso do tren. O 25 de xullo, no Pazo do Faramello terá lugar a inaugura

Comentarios