Do "típicamente gallego" Rajoy ao "nada gallega" Elvira Fernández

A revista Yo Dona elabora o que califica de 'retrato íntimo de la primera dama española', Elvira Fernández, compañeira de Mariano Rajoy. A revista califícaa de "pasional, directa y nada gallega". Máis un tópico no que conflúen desde machismo, a caspa e españolismo para non pouc@s usuari@s das redes sociais.

Nunha clasificación de tópicos españois, @s galeg@s estaríamos en situación para xogar a Champions de prexuizos. Un novo exemplo disto, e que vén de levantar toda unha revolta nas redes sociais, é a reportaxe que a revista Yo Dona (que se distribúe con varios xornais), fai de Elvira Fernández, a compañeira sentimental do presidente do goberno español, Mariano Rajoy. Nesa reportaxe califícase a esta muller, botando man das declaracións de coñecid@s e amig@s, como "pasional, directa, poliédrica y nada gallega". Definicións que non deixan de chocar coas que se dan ao seu compañeiro, Rajoy, ao que en máis dunha vez se ten calificado de "demasiado gallego" ou "típicamente gallego". O por qué destas calificacións pregúnteo vostede alén do Padornelo.

O certo é que a reportaxe xa xerou nas redes sociais, nomeadamente twitter, unha verdadeira treboada de reaccións. Así hastags como #nadagallega ou #moigalega coinciden, malia pareceren contrapostos, en ser empregados pol@s usuari@s para defender o orgullo de galeg@ e criticar a reportaxe da revista.

Xa o dixeran Aznar e Rosa Díez...

Xa José María Aznar, o que fora presidente español, dixera de Mariano Rajoy: "Tiene una gran experiencia y una gran capacidad de resolución, y capacidades para ser presidente, lo que pasa es que tiene su forma de ser, su personalidad, su estilo, su origen y oficio gallego".

Máis abraiante fora aínda Rosa Díez, de UPyD, que xa botou man varias veces do termo gallego para falar despectivamente dos seus contrincantes. Así, a política vasco-española calificara a Núñez Feijóo de "demasiado gallego"; e mesmo se referira a Rodríguez Zapatero (que de Rianxo precisamente non é) como "gallego en el sentido peyorativo de la palabra".

 ...pero antes Larra e Góngora

Desde Castelao nalgunhas follas do 'Sempre en Galiza' até Miguel A. Murado en capítulos de 'Otra idea de Galicia', non son poucos os e as autoras que teñen abordado a visión existente en España d@s galeg@s. En España hai unha longa ringleira de refráns, frases e 'dichos' sobre o carácter ou persoalidade d@s galeg@s. Desde aquel refrán de 'Ni negro, ni perro ni mozo gallego' (os ingleses decían a respecto das e dos  irlandeses: 'No black, no dog, no irish') que os que ían á seitura en Castela escoitaban nas vilas da chaira; até o de 'gallego si no te atreves' que en Madrid era moeda común para chamar a alguén covarde. Por non esquecer as definicións de galego en dicionarios españois.

Mais mesmo escritores de prestixio, como Mariano José de Larra teñen feito grandes aportacións literarias con frases como 'El gallego es un animal muy parecido al hombre que Dios inventó para alivio del asno"

Comentarios