Devolverlle as rúas @s nen@s

As cidades terían algo máis de corazón con menos tráfico e máis cativ@s na rúa. Carballo celebra, dende o 1 de outubro até o 7, o II Foro da Mobilidade e da Autonomía Infantil.

.
photo_camera .

Non só os cativ@s non van segur@s pola rúa. As rúas tampouco son seguras se @s nen@s deixan de correr e brincar nelas. Así nolo advirte o recoñecido pedagogo italiano Francesco Tonucci e diso toma nota o Foro da Mobilidade e da Autonomía Infantil que, durante case unha semana, reunirá no Fórum de Carballo a profesionais e persoas expertas ao redor desa problemática. Tamén @s propi@s pequen@s animarán a tomar exemplo coa multa da vergoña, coa que sancionarán simbolicamente as malas condutas das e dos condutores, para conseguir máis cidades d@s nen@s, como as que Tonucci promovía no libro do mesmo nome.

"As rúas tampouco son seguras se @s nen@s deixan de correr e brincar nelas. Así nolo advirte o recoñecido pedagogo italiano Francesco Tonucci e diso toma nota o Foro da Mobilidade e da Autonomía Infantil"

Algunha vez excediches o límite de velocidade no casco urbano, aparcaches en espazos non habilitados ou saltaches un paso de peóns? Algunha vez tes collido o coche para desprazarte a lugares aos que poderías ter ido a pé ou en bus? O exceso de tráfico e os malos hábitos ao volante están a expulsar do espazo público á xente miúda. Danos medo que @s cativ@s anden sós polas rúas por hábitos que promovemos as propias persoas adultas, advirte Xosé Regueira, concelleiro de Promoción Económica da vila. 

As nenas e os nenos deberían poder ir sós á escola dende os seis anos, segundo Tonucci. Mais iso é complicado en cidades cada vez menos adaptadas ás súas necesidades. Iniciativas como os camiños escolares, itinerarios seguros de ida e volta que poden seguir @s cativ@s para ir ao cole, e que en Carballo se están levando a cabo dende o pasado curso, pretenden recuperar autonomía para a infancia.

Son obxectivos do Foro, que este ano celebra a súa segunda edición, explicitar as condutas prexudiciais das e dos condutores e sensibilizar da necesidade de adoptar medidas urbanísticas que favorezan a cidade como espazo de comunicación social. Dos malos hábitos das persoas adultas dá conta a enquisa levada a cabo polo concello en dous dos principais colexios da vila entre o seu alumnado. As e os propios pequenos constatan nela ter ido no automóbil na parte dianteira ou sen o correspondente asento de seguridade.

No Foro participarán profesionais de diversos ámbitos, como a psicóloga Nerea González, o ambientalista Fins Eirexas, o arquitecto Alfredo Garrote, a especialista en intelixencia emocional, Carme Loureiro, a criminóloga Diana Parente ou Carme da Silva, a concelleira de mobilidade de Pontevedra. De modo parello, a garda civil de tráfico, a Xefatura Provincial de Tráfico e a policía local desenvolverán actividades formativas en dous do principais colexios da vila, os CEIP Fogar e Bergantiños, e desenvolveranse, ademais actividades lúdicas para @s nenos, como o circuito de seguridade vial e a multa da vergoña.

Comentarios