Desde hoxe o semanario 'Sermos Galiza' tamén no quiosque virtual

A loxa fica aberta desde o 26 de abril e nela distribuímos non só produtos propios, senón tamén outros como literatura galega e lusófona


Sermos Galiza abriu o 26 de abril unha loxa dixital desde a que distribúe produtos propios e outros que non o son.

A esta loxa dixital incorporáronse todos os números do semanario, até agora distribuído só en papel. Os números correspondentes ao ano 2012 poden descargarse sen custo, mentres que os de 2013 se poden baixar a 1,99 € por exemplar durante o mes de maio. A partir do 1 de xuño o custo será de 2,25 €.

O número 45, sexta feira 3 de maio, será o primeiro que se poderá comprar no quiosco virtual ao mesmo tempo que é distribuído nos quioscos en papel.  Nos vindeiros meses continuaremos mellorando a loxa e introducindo novos produtos.

Comentarios