Descarga de balde unha ollada A Fondo sobre a LOMCE

Xa podes descargar na loxa de Sermos Galiza o noso caderno de análise sobre a reforma educativa

O ensino está en folga contra a reforma educativa que prevé aprobar o goberno español. Na nosa loxa podes facerte de balde cun caderno de análise sobre as consecuencias desta nova lei deseñada polo ministro de Educación, José Ignacio Wert.

Só tes que te rexistrar e poderás ler oito páxinas nas que tratamos en profundidade o anteproxecto de lei presentado polo Ministerio español de Educación. A LOMCE. Coordinado por Marta Dacosta, atigos de diversa autoría afondan nas intencións da nova norma que conta, antes de se aprobar, co rexeitamento da comunidade educativa e que centrou algunhas das mobilizacións máis masivas dos últimos meses na Galiza. 

Sindicatos do profesorado e estudantes denuncian a ofensiva do goberno español contra o ensino público do que din "queren acabar con el" ao tempo que (re)dirixen os fondos públicos cara á escola e universidade privadas. Mais que tamén introduce importantes mudanzas na organización interna dos centros. 

Aliás, os ataques contra os dereitos nacionais da Galiza converten a LOMCE nunha lei antipedagóxica, españolista e confesional. Un retroceso en materia educativa que atende aos obxectivos político-ideolóxicos da dereita española. 

Sete testemuñas das conta achegan as súas impresións sobre o proxecto normativo publicado polo executivo de Mariano Rajoy e defendido con unllas e dentes polo seu ideólogo, José Ignacion Wert. 

Comentarios