Deputación de Ourense financia con até 18.000 euros un videoclip de Alejandro Sanz

O cantante español grava en diferentes espazos da provincia. Baltar mostrouse confiado en que a repercusión “sexa mundial”.

Baltar
photo_camera Baltar

O cantante Alejandro Sanz grava o primeiro videoclip do seu novo traballo na provincia de Ourense nunha iniciativa que en parte estará financiada pola Deputación de Ourense con até 18.000 euros. O presidente da entidade provincial, Manuel Baltar, dixo que estes cartos serán para cuestións de carácter “loxístico” e agradeceu a Sanz o convite feito “hai tempo” de vir a Ourense.

Baltar mostrou o seu desexo de que este videoclip repercuta positivamente na provincia e de que teña “impacto mundial”. O cantante chegou a Ourense a semana pasada e aloxouse en sitios como o mosteiro de Oseira.

Antecedentes: Xunta e Enrique Iglesias

En decembro saíu a nova de que a Xunta de Galiza cifraba nun tope de 350.000 euros o que ía pagar por un video do cantante Enrique Iglesias rodado en Compostela. A Coruña e Lugo, entre outros emprazamentos.

Comentarios