Denuncian a destrución de probas diagnósticas por parte do Sergas "para aforrar"

A CIG solicitou a intervención do Valedor do Pobo após ser denunciada a destrución de probas diagnósticas e historiais clínicos no Hospital da Costa (Burela) por decisión do Sergas. Unha medida que Sanidade adoptou porque, din, dixitalizalas saía moi caro.

Sergas

Segundo o comunicado emitido pola CIG-Saúde a dirección do Sergas tería autorizado @s profesionais da Área de Xestión Integrada de Lugo a queimaren probas diagnósticas e con elas os historiais clínicos dalgúns doentes como medida de aforro. A decisión foilles comunicada através d@s traballador@s do Hospital da Costa a quen o Xerente da EOXI de Lugo, nunha xuntanza que mantivo cos xefes de unidade e servizo. 

Neste senso, @s profesionais do complexo hospitalario denunciaron perante a CIG-Saúde que embora inicialmente preveren a dixitalización das probas finalmente a dirección do Sergas decidiu queimalas para aforrar. Unha decisión que de se levar á práctica deixaría @s facultativ@s sen acceso aos historiais clínicos d@s doentes e impediría desenvolver unha valoración continuada das súas enfermidades. Algo que desde a CIG-Saúde, advirten, xa tería acontecido no Hospital do Barbanza (Ribeira). 

A CIG-Saúde denuncia que no Hospital do Barbanza xa foron destruídas algunhas probas diagnósticas

Para a central sindical nacionalista isto prexudica @s enferm@s pois, “só por causa de que a administración sanitaria quer aforrar, sen valorar as consecuencias negativas desta medida” @s doentes rematarán nunha situación de "desprotección". 

Así pois e perante o recollido na lexislación vixente desde a CIG-saúde instan o Valedor do Pobo a tomar cartas no asunto pois, lembran, en Galiza o historial clínico está lexislado pola Lei 3/2001, do 28 de maio, reguladora do consentimento informado e da historia clínica das/os pacientes.

Unha lei que no seu artigo 20 exixe a conservación da historia clínica "en condicións que garantan a preservación da información asistencial que contén, aínda que non se manteña no soporte orixinal no que se xerou, coas cautelas que se establezan regulamentariamente para evitar a manipulación de datos cando non se manteña o devandito soporte orixinal". 

Comentarios