Denuncian desaloxo violento da Policía d@s estudantes pechados na biblioteca de Ourense

Axentes da Policía Nacional procederon esta noite ao desaloxo "violento" do estudantado pechado na biblioteca Nodal, de Ourense, en protesta contra a LOMCE. Segundo sindicatos estudiantíse participantes na protesta, os axentes non escatimaron o uso da violencia, alén de ameazas, intimidacións e insultos
Policía na biblioteca

Baixo o HT #pecheourense, os e as participantes no peche na biblioteca de Ourense en defensa do ensino público foron relatando nas redes sociais o minuto a minuto do "brutal desaloxo" a mans da Policía Nacional. 

Así, informaban desde o amplo desplegamento policial ("rodean a biblioteca") até a "brutalidade" no desaloxo, mesmo con "ameazas de morte e agresións", para alén de roceder á identificación de todos os presentes na protesta.

Tanto Comités como Liga Estudantil Galega denunciaron os feitos e exixen responsabilidades e explicacións.

Non é esta a primeira vez nos últimos meses que a Policía desaloxa con violencia a pechados na biblioteca ourensá, como lembran desde os sindicatos estudiantís

Comentarios