Defensa da Ría pide á Xunta que anule a licenza a ENCE logo das 2 últimas sentenzas

"Esta sentenza é a que lle dá o pau a Ence", afirmou Antón Masa, voceiro da APDR

A Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra vén de anunciar que pedirá á Xunta de Galiza que dé o paso de anular os permisos administrativos e ambientais á fábrica de pasta de celulosa do grupo Ence situada nas aforas de Pontevedra logo das dúas sentenzas xudiciais, unha das cales apoia a postura do Concello

Para a APDR, o Tribunal Supremo contestou en dúas resolucións separadas a un recurso presentado por este colectivo e a outro do Concello de Pontevedra contra a decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) de avalar un plan que estabelecía o carácter supramunicipal desas instalacións.

A asociación indica que o Tribunal Supremo convidou o TSXG a revisar a súa sentenza tendo en conta as alegacións municipais, mais subliña que respecto ao seu recurso, ordena específicamente anular o plan por considerar "carentes de consistencia" os argumentos do citado tribunal galego para prescindir da opinión municipal.

"Esta sentenza é a que lle dá o pau a Ence", afirmou Antón Masa, voceiro da APDR, quen anunciou que a súa asociación reclamará á Xunta, mediante un recurso extraordinario de revisión, que anule os permisos administrativos ambientais ao grupo empresarial

Comentarios