O decreto de comedores incrementará a xornada laboral d@s director@s até 10 horas

O sindicato nacionalista exixe a derrogación da norma. O decreto exixirá @s director@s permanecer fisicamente no comedor sen poder delegar noutra persoa e deixará sen xantar a moitas crianzas pola escaseza de prazas ofertadas.

O decreto de comedores aprobado pola Consellaría de Educación incrementará a xornada laboral d@s director@s até 10 horas segundo denunciou a CIG-Ensino. De acordo coa nova norma @s máxim@s responsábeis dos centros deberán facerse cargo do alumnado durante o xantar sen poderen delegar noutra persoa da equipa directiva.

A CIG denuncia a "agresión flagrante" que o decreto supón aos dereitos laborais das equipas directivas

Asemade, a dirección deberá levar a cabo o rexistro informático dos dados familiares de cada estudante verbo da falta de persoal administrativo suficiente. Asemade, denuncian, esta tarefa deberá ser realizada nun tempo "irrealizábel" de acordo coas exixencias da Xunta, afirman desde a central nacionalista. 

Neste senso, a CIG-Ensino exixe a derrogación dun texto que, amais de supor "unha agresión flagrante" dos dereitos laborais d@s profesionais, privatiza o servizo de comedor para o estudantado transportado e mesmo deixará sen comer até volver á casa a moit@s alumn@s que non poidan acceder ao servizo. 

Crianzas quedarán sen comedor pola escaseza de prazas

"Nalgúns casos o número de solicitudes recollidas é moi superior o de prazas ofertadas", subliñan desde o sindicato nacionalista. Neste senso, a Consellaría de Jesús Vázquez xa comunicou aos centros que non se ampliarán as prazas "o que supón que se vai deixar a unha parte importante do alumnado sen servizo". Desde a CIG urxen á Xunta a resolver con celeridade a falta de prazas para garantir que o número das mesmas se adecuarán ás necesidades do presente curso. 

A Consellaría non ampliará a oferta de prazas emboras estas sean insuficientes para cubrir a demanda

Tamén así, subliñan, a administración galega deberá ter en conta os dados económicos deste ano para aquelas familias que se vexan obrigadar a pagar o comedor e non, como recolle o decreto, os dados do pasado ano e que en moitos casos non terán a ver coa realidade económica actual. Aliás, engaden, instan á Consellaría de Educación a reducir as tarifas d@s utentes porque, din, "nos casos dos prezos máximos comprobamos que duplican ou mesmo triplican os prezos reais".

Perante esta realidade, desde a CIG exixen a retirada do decreto e instauración da xestión pública dos comedores escolares con persoal específico e unha oferta de prazas suficientes, garantindo a gratuidade do alumnado transportado e reducindo os actuais prezos.

Comentarios