Currás demite e Hernández será alcalde, o que abre unha crise no goberno da Xunta

O alcalde de Santiago, Ángel Currás presentou a súa dimisión e anunciou que será o conselleiro Agustín Hernández quen o substituirá no cargo, o que obrigará a un cambio no goberno da Xunta.

O Conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, era o último da lista do PP ao Concello de Santiago e será o seu terceiro alcalde do PP desde que se convocaron as eleccións municipais, despois de Conde Roa, e o agora dimitido Ángel Currás.

O até agora alcalde Ángel Currás anunciou a súa demisión nunha rolda de prensa convocada para informar dos novos membros do seu goberno. Até última hora, descoñecíase a decisión de Currás, aínda que polos mentideiros sentíase cada vez máis forte a posibilidade da súa marcha da alcaldía. Na  rolda de prensa, afirmou que a decisión de que Hernández o substituíra no cargo foi tomada por el mesmo máis polo presidente Núñez Feijóo. Tanto Feijóo como Rueda, afirmaron que era o propio alcalde quen tiña que decidir se demitiría, mais as presións estaban indo a máis dentro do partido, promovidas, entre outros, polos concelleiros que dimitiron despois da sentenza que os declaraba culpábeis de prevaricación e máis polas recentes declaracións do presidente do PP da Coruña, Diego Calvo que o convidaba a deixar o posto, unha vez que a maior parte do seu goberno tería que estar formado por concelleir@s non electos.

"Hai que asumir unha nova etapa e agora en que ser Agustín Hernández o que asuma a renovación", dixo Currás, que non adiantou a listaxe de nomes d@s concelleir@, labor que xa asumirá Agustín Hernández. De non optar pola creación dunha xestora, o que todo parece apuntar, o partido de goberno do Concello de Santiago tería no pleno máis membros non electos que electos. Mália a crise, o PP dilatou tempos de maneira que fixo imposíbel a convocatoria de eleccións anticipadas.

Currás sinalou que "o momento non foi fácil, foi duro, tivo momentos complexos e iso esixe este cambio". O conselleiro Agustín Hernández negou até os últimos días a posibilidade de pasar á política local, mais todo indica que foi a única solución que Feijóo atopou para pasar páxina na crise de Compostela, prescindindo do que foi considerado o número tres do seu goberno.

Comentarios