A CRTVG manterá á docente que recomenda ás mulleres seren submisas

A docente Teresa Baró que defende no seu blog afirmacións sexistas como que ''a muller seduce máis pola dozura, a sensualidade e mesmo ás veces pola submisión'' seguirá no curso 'Linguaxe non verbal para comunicadores'. A CRTVG rexeitou a demanda da CIG que reclamaba retirar a Baró. 

Teresa Baro
photo_camera Teresa Baro

Malia a esixenccia da CIG polos contidos sexistas cos que foca a materia que imparte, a CRTVG decidiu manter a Teresa Baró como docent do curso para profesionais da empresa “Linguaxe non verbal para comunicadores". O sindicato nacionalista esixira a súa retirada mais a empresa opúxose a unha demanda que tampouco apoiaron a CUT e CCOO. 

Entre outras afirmacións, Baró recolle na súa páxina web que "para triunfar na diversidades de roles que desempeña, a muller de hoxe, ten que dominar moitos estilos de comunicación: desde o de profesional eficiente ao de muller sedutora sexualmente". 

A CIG reclama a retirada por sexismo de Teresa Baró do curso “Linguaxe non verbal para comunicadores” que a CRTVG ofrece desde a súa área de formación a “redactores, locutores de radio, locutores de televisión e auxiliares de redacción”  e que se impartiría os próximos 8, 9, 22 e 23 de abril. 

Na súa web www.teresabaro.com, que leva por título "Habilidades de comunicación",  Teresa Baró repite estereotipos machistas como que “as mulleres sempre nos sentimos atraídas por homes fortes e valentes, con boa saúde, que nos poidan protexer e asegurar a supervivencia das nosas crías, ademais de proporcionarnos un determinado estatuto social. É unha mera cuestión biolóxica, instinto de supervivencia”. Outra das pérolas que a CIG denuncia é na que Baró chega a afirmar que “a muller seduce máis pola dozura, a sensualidade, e mesmo ás veces pola submisión”.

“Afirmacións como as citadas son contrarias aos principios de igualdade e non discriminación, lesionan gravemente os dereitos e a imaxe da muller e coliden cos principios nos que debe inspirarse a actividade de comunicación audiovisual da Corporación CRTVG” denuncian desde a CIG na solicitude pola esixía  a “retirada inmediata” da docente do curso para profesionais da comunicación. O BNG  levou tamén a reclamación ao Parlamento mais a empresa denegou a solicitude. 

Comentarios