sábado 28/11/20

Indignación cidadá perante as sedes do PP

Centos de cidadá(n)s concéntranse en localidades como Compostela ou A Coruña secundando a chamada nas redes sociais a raíz do caso Bárcenas
Concentración perante sede do PP na Coruña
Concentración perante sede do PP na Coruña

Centos de persoas están a protestar ante as sedes do Partido Popular en cidades como Compostela ou A Coruña, respondendo así á convocatoria nas redes sociais para exixiren responsabilidades polo caso Bárcenas. Na concentración de Compostela unha das consignas máis seguidas é a de 'Ilegalizar o Partido Popular' ou 'demisión'.

As redes sociais ferveron esta quinta feira coa información que publicaba o xornal El País sobre o presunto cobro irregular de varios altos cargos do PP. En Twitter foi tema do momento todo o día cos hashtags #lospapelesdebárcenas, #pelisconbárcenas, #PapelesDeBárcenas, #RajoyDimisión e #Génova. De xeito espontáneo convocouse unha concentración de protesta diante da sede o PP en Madrid e noutras cidades do Estado español.

comentarios