Convocan concentración contra a presenza de Martín Villa nas Pontes

O ex-ministro, acusado de crimes de lesa humanidade, tomará parte nunha palestra sobre a Transición este sábado na vila coruñesa.

martin-villa (1)

Rafel Martín Villa, ex-alto cargo do franquismo e da etapa da ‘Transición’ contra o que a xustiza arxentina emitiu hai seis meses orde de detención e extradición pola súa presunta responsabilidade co asasinato de 5 obreiros estará este sábado nas Pontes de García Rodríguez para dar unha conferencia sobre a Transición. Como mostra de rexeitamento da presenza de Martín Villa, Causa Galiza chama a unha concentración na vila coruñesa, acto no que tamén se defenderá tamén a entrega do ex-ministro ás autoridades arxentinas para que renda contas perante a xustiza. A concent5ración será ás 11:30 diante do Auditorio Municipal.

Causa Galiza denuncia que Martín Villa tivo responsabilidades políticas desde a década de 60 na ditadura franquista “que assassinou por volta de 15.000 galegas e galegos, foi umha "peça chave" na Transición Española, como destaca a câmara municipal das Pontes, mas nom "pola sua contribuiçom à democracia": Martín Villa foi o indivíduo ao que o regime ditatorial designou como Ministro de Interior para administrar a repressom no período que vai de 1976 a 1979”.

Comentarios