Contas localiza irregularidades nos concertos do Sergas para diálise

O informe do Consello fala, segundo unha información de ‘El País’, de ‘contratos irregulares e criterios subxectivos nuns contratos para a privada que custan case 30 millóns anuais.

Sergas
photo_camera sergas

O Consello de Contas atopou irregularidades nos concertos do Sergas para diálise, uns contratos coa privada que supoñen case 30 millóns de euros anuais. Segundo unha información de ‘El País’. O informe de fiscalización do Sergas no período 2007-2012 feito polo Consello leva a esta entidade a concluír que hai, di a información de ‘El País’, que o Sergas mantén contratos irregulares con algunhas empresas, que cada centro de xestión integrada elixe con “criterios subxectivos” os seus subministradores, que se aplican tarifas diferentes sen base documental que as xustifique,... Unha serie de actuacións e procedementos que implican un “notábel encarecemento” para as arcas públicas.

Contas tamén sinala que a Consellería de Sanidade non dispón de estudos, análises ou informes que permitan coñecer e diferenciar o custo dos tratamentos dispensados polo público e o privado, recóllese na información asinada por C. Huete.

Comentarios