sábado 25.01.2020

O conservador Suances substitúe Carlos Varela á fronte da Fiscalía superior de Galiza

Pertence á conservadora Asociación de Fiscais e é especialista en Dereito comunitario.

F. Suances [Imaxe Fiscalía Superior]
F. Suances [Imaxe Fiscalía Superior]

Na cuarta feira (25 de febreiro) a Fiscalía superior de Galiza renovouse dando por finalizado o período de Carlos Varela, quen se mantivo á súa fronte durante tres mandatos. 

No seu lugar entra o conservador Fernando Suances Péres pertencente á Asociación de Fiscais quen obtivo 7 apoios fronte os 3 de Varela. Suances é licenciado en Dereito pola USC e exerce como fiscal desde 1982. 

Ao longo da súa carreira profesional foi decano do Ministerio público nos xulgados da Coruña, coordenou a Fiscalía de Menores e Vixiancia penitenciaria; foi responsábel da Orde xurisdicional social de Galiza e da rede do Sistema de Información do Ministerio Fiscal. 

Aliás, impartiu aulas na Universidade da Coruña como profesor asociado. Posúe formación específica en lingua galega asociada a linguaxe xurídica superior. 

comentarios