Condenado por violencia machista o ex-secretario xeral de Deportes

Eduardo Lamas "golpeou reiteradamente", segundo a sentenza xudicial, a muller coa que mantiña unha relación sentimental. 

O ex-secretario xeral de Deportes, Eduardo Lamas, foi condenado a 3 meses de cadea por "malos tratos". Así o ditaminou o xulgado de violencia machista da Coruña após a denuncia presentada pola muller coa que mantiña unha relación sentimental. 

A sentenza fixa, asemade, unha orde de afastamento durante un ano e 3 meses e unha indemnización de 345 euros. De acordo co ditame xudicial, Lamas "golpeou reiteradamente" a muller após agarrala "violentamente polos pulsos" até facerlle "perder o equilibrio en máis dunha ocasión". 

Eduardo Lamas foi fixo parte do goberno galego entre 1991 e 2003 asumindo a Secretaría Xeral de Deporte. Con anterioridade foi concelleiro no goberno da Coruña e coordenador da área de Deportes da Deputación coruñesa durante a presidencia de Romay Beccaría. En 1998 foille concedida a Medalla de Prata ao mérito deportivo. 

Comentarios