Traballador@s da TVG denuncian o "trato favorábel" a Conde Roa nos informativos

Traballadores do ente público denuncian que a petición da fiscalía de 2 anos de medio de prisión para o ex alcalde popular emitiuse no Telexornal de nova número 27, sen anuncialo nos titulares e durou só 25 segundos

Eu non manipulo

Desde o blog 'Eu non manipulo', realizado por propios traballadores e traballadoras da Televisión de Galicia (TVG), recoñecen que foi a noticia “tratada de xeito máis descarado e vergoñento nos últimos anos”. Refírense á nova de que a Fiscalía solicitaba para Conde Roa dous anos e medio de prisión e máis dun millón de euros de multa .

Segundo este blog, a petición da Fiscalía, da que se informaba a fondo en televisións de todo o Estado español, non mereceu ser anunciada nos titulares do Telexornal. Iso si, neses titulares si que se abría con “presuntos casos de corrupción, Blanco e Cacharro Pardo, mais a nova de Conde Roa queda totalmente relegada cando por un criterio lóxico de orde debería de estar no bloque de portada”.

Un cuarto de minuto, e "o máis grave por vir"

A noticia relacionada con Conde Roa emítese, denuncian desde este blog, á media hora de comezado o informativo, “no lugar 27 e dura...25 segundos!!!”. Como din os responsábeis do blog, “durou menos que o titular adicado a José Blanco”

“Mais o máis grave e escandaloso é a presentación da noticia: A locutora, en lugar de destacar a petición da Fiscalía, afirma textualmente, e en só 6 segundos,: “Remata a fase de instrución do caso por unha suposta fraude fiscal contra o que fora alcalde popular de Santiago, Xerardo Conde Roa”.

Comentarios