O concerto “Chávez Sempre” homenaxea en Vigo a Revolución Bolivariana

Distintas organizacións políticas, sociais e sindicais da esquerda nacionalista participan na organización do concerto “Chávez Sempre, homenaxe nacional à Revolución Bolivariana”, que terá lugar o próximo sábado 15 de marzo en Vigo. 

Represenantes de entidades organizadoras da homenaxe
photo_camera Represenantes de entidades organizadoras da homenaxe

Sés, Liska!, Os Tres Trebóns, Ondas del Caribe, Xosé Constenla, Zurrumalla e Uxia e Sérgio Tannus colaboran de maneira solidaria no concerto de apoio á Revolución Bolivariana que se celebra no teatro García Barbón de Vigo o próximo 15 de marzo ás 19 horas, cando se cumpre o primeiro aniversario da morte de Hugo Chávez. 

O coordinador xeral da AGARB (Asociación Galega de Apoio á Revolución Bolivariana), Xavier Moreda, defendeu a necesidade de apoiar o proceso venezuelano nun momento no que a manpulación mediática está a terxiversar a realidade do país. Mostrou o apoio ao goberno lexítimo de Nicolás Maduro fronte ao que definiu como estratexia de golpe de estado promovido desde a oligarquía que non acepta os resultados das eleccións de abril e decembro. 

Convidou Moreda a participar no concerto solidario do día 15 en Vigo pola urxencia de manifestar un forte apoio a un goberno que está a padecer unha campaña desestabilizadora promovida pola pola oligarquía do país máis coa conivencia dos Estados Unidos e Colombia. “A mellor forma de solidarizarse coa Venezuela bolivariana e chavista é lotar até a bandeira o teatro García Barbón mediante a colaboracións simbólica de 5 euros”, dixo Xavier Moreda. 

No acto de presentación participaron representantes das distintas organizacións que promoven a iniciativa,  Alberte Mera, de Galiza Nova, Xosé Colazo, do PCPG, Serafin Otero, secretário comarcal da CIG Vigo, Carlos Morais, de Primeira Linha, Manuel Caride, do BNG de Vigo, Jurjo Diz, de AGIR , Diego Santório, de Mar de Lumes, Pablo Romero, da Liga Estudantil Galega, e Iago Moreno, de NÓS-Unidade Popular de Vigo.

Homenaxe da Asociación Galego-Boliviarana

Tamén esta cuarta feira, día 5 de marzo, ás 20 horas  no García Barbón a Asociación Galego-Boliviarana renderá unha homenaxe a Hugo Chávez ao se cumprir un ano do seu falecemento. Xosé luís Méndez Ferrín e xosé Manuel Beiras intervirán na homenaxe na que haberá un recital poético e rematará coa interpretación dos himnos de Venezuela e Galiza. Confirmaron a súa asistencia os cónsules de Venezuela, Cuba, Uruguay e Arxentina. 

 

 

 

 

Comentarios