Concentracións esta terza ante os xulgados das cidades contra a represión sindical

CIG denuncia os intentos de criminalizar a contestación social aos recortes coa reforma do Código Penal que prepara o PP

A CIG ten convocadas concentracións este terza, 4 de decembro, diante dos xulgados das distintas cidades galegas para denunciar "os intentos de criminalizar a contestación social aos recortes, de rexeitamento á reforma do Código Penal que prepara o PP". As mobilizacións enmárcanse na campaña que a central nacionalista está desenvolver contra a persecución e represión sindical, concretada na folga de fame que a CIG está a desenvolver dende hai unha semana en Pontevedra contra a condenaa tres sindicalistas a tres anos e un día de prisión.

En Pontevedra a concentración terá lugar ás 12:00 horas, ao remate dunha asemblea de delegados/as, diante da Audiencia Provincial, onde está instalada a caravana, no cruce das rúas Rosalía de Castro e Reina Vitoria.

Compostela: ás 12:00 horas, nos xulgados de Fontiñas.

A Coruña: ás 12:00 horas, nos xulgados da Rúa Monforte.

Ferrol: ás 10:30 horas, diante dos xulgados da Rúa Coruña.

Lugo: ás 12:00 horas, nos xulgados da Praza Avilés.

Vigo: ás 11:30 horas, diante dos xulgados na rúa Lalín.

Ourense: ás 12:00 horas, diante do Pazo de Xustiza

Comentarios