Concentración solidaria en Compostela pola volta a Galiza da presa Noela Cotelo

A recén inaugurada Asamblea de Mulleres de Compostela, ‘Mugre’ (Mulleres Galegas Rebeldes e Engraçadas) e a campaña ‘Cárcere = Tortura’, reivindicaron hoxe o traslado a Galiza da presa Noelia Cotelo, nunha concentración realizada na compostelá praza do Toural.

Noelia
photo_camera Noelia

A recén inaugurada Asamblea de Mulleres de Compostela, ‘Mugre’ (Mulleres Galegas Rebeldes e Engraçadas) e a campaña ‘Cárcere = Tortura’ reivindicaron hoxe o traslado a Galiza da presa Noelia Cotelo, nunha concentración realizada na compostelá praza do Toural.

Con motivo da inminente revisión da súa condena, unha maré solidaria exixiu a volta a súa terra da rea coruñesa recluída no penal de Brieva, Ávila. Tras dúas folgas de fame consecutivas en protesta polos abusos sexuais que denunciou ter sufrido por parte dun funcionario, que inda traballa no módulo de mulleres en primeiro grado, a saúde de Noelia Cotelo é extremamente fráxil.

Nun manifesto asinado conxuntamente polas organizacións convocantes, os manifestantes denunciaron “a complicidade” coa que médicos e xuíces, afirman, esconden os “maus tratos, torturas e abusos” que sofren @s pres@s no sistema penitenciario do estado español. Exixiron, ademais, pór fin “as vexacións e ataques sexuais” e prohibir a presenza de carceeiros varóns nos módulos de mulleres.

Baixo o lema de que “a pobreza non pode ser castigada coa prisión”, os colectivos de apoio ás persoas presas reivindicaron rematar coa dispersión carceraria, ben como coma pór fin ás reiteradas mortes baixo custodia, amparadas nas “neglixencias médicas” e no “odio e violencia” cos que, parodoxalmente, se pretende levar a cabo a súa reinserción.

Xornadas no Colexio de Avogados de Santiago de Compostela

O vindeiro venres 22 e o sábado 23 de marzo, terán lugar no Colexio de Avogados de Santiago de Compostela unhas xornadas organizadas conxuntamente pola ‘Coordinadora para a Prevención da Tortura’ e ‘Esculca’ baixo no nome ‘’Cámara escura: Novas políticas de violencia institucional’.

Sexta feria, 22 de marzo:

16:00 : Presentación. Jorge del Cura (CPDT) e Fernando Blanco (EsCULcA)16:30-18:00: "Crise, recortes e (nova) situación penitenciaria". Alejandro Forero (OSPDH Universidade de Barcelona ) e Dani Jiménez (ASAPA).

18:00-18:15. Descanso.

18:15-19:00“Apuntes dende a práctica do alcance dos recortes por colectivos sociais de traballo penitenciario; Programa de autoaxuda”. Iman Cedro (Antón Bouzas), Foro Galego da Inmigración eGrupo de Apoio á Campaña contra as Torturas. Conduce. Rosa Verdugo (Esculca).

19:00-20:00Debate. Conduce Grupo 17 de Marzo (Andalucía).

Sábado, 23 de marzo:

10:00: Presentación:Lluisa Domingo (Coordinadora Catalá).

10:15-10:45: “Situación das cadeas e liberdades na rúa”. Guillermo Presa (EsCULcA).

10:45-11:15. “Resistencia galega ou a armadilha do estado de exceçom permanente”. Borxa Colmenero (EsCULcA).

11:15-12:00. “Exemplos, interferencias e medios de comunicación”. Mikel Zuloaga e Carlos Barros. Conduce Elvira Souto, (EsCULcA).

12:00-12:15. Descanso.

12:15-13:00. “Asociacións de apoio a persoas imputadas por feitos de violencia política”, De Volta a Loureda e Que Volten a Casa.

13:00-14:00. Debate. Conduce:Pilar  Zato (EsCULcA).

Solidariedade con Charo Lopes

Aliás, convócase unha concentración de apoio á independentista galega Charo López que, o 2 de abril ás 12 horas, acudirá aos xulgados de Pontevedra para se enfrontar cunha petición de pena de cárcere de cinco anos por desordes públicos e danos.
 

Comentarios