Unha nova concentración lembrará en Vigo que o caso de Carlos Rivas e Serafín Rodríguez non está pechado e continúa a ser necesario reclamar o indulto para estes dous traballadores condenados a prisión por participar nun piquete informativo durante unha folga legal na demanda dun convenio colectivo xusto para o sector do transporte.
O goberno de Mariano Rajoy denegara o indulto nun primeiro intento e, por iso, a mobilización reclamará, máis unha vez que remate o sufrimento para os dous traballadores e as súas familias que viven coa incerteza dunha condena que continúa vixente.