Un concelleiro do PP sobe ao torreón dos Andrade a retirar unha bandeira de Palestina

O concelleiro do PP de Pontedeume, Javier Crespo, subiu el mesmo ao torreón dos Andrade para retirar unha bandeira de Palestina que fora pendurada despois dunha concentración de apoio ao pobo masacrado polo sionismo. 

Bandeira de Palestina no Torreón dos Andrade
photo_camera Bandeira de Palestina no Torreón dos Andrade

Ao PP de Pontedeume molestáballe a bandeira que ondeaba no cumio do torreón dos Andrade desde o fin a mobilización que o pasado sábado protestou no concello contra a masacre polo sionismo ao pobo palestino. O propio concelleiro do PP da localidade, Javier Crespo, subiu ao torreón acompañado por dous policias locais para retirar a bandeira Palestina do alto do monumento, momento en que foi increpado por algún veciño que lamentaba a eliminación dun símbolo de solidariedade co pobo palestino.

Algúns dos manifestantes lamentaron que o representante do goberno local se apurara a eliminar a bandeira cando, arredor do 12 de outubro a española ondea durante días no mesmo monumento, amparada pola propia decisión do goberno municipal. 

Comentarios