Compostela acolle dúas presentacións de Sermos Galiza

A Asociación Cultural O Galo e a Facultade de Xornalismo organizan sendos actos de presentación do proxecto xornalístico.

Sermos Galiza continúa a súa andaina polo país para se presentar após encetar esta nova etapa. Esta cuarta feira ás 20.30 horas a Asociación Cultural O Galo organiza un acto de presentación do novo deseño do semanario en papel. No café Airas Nunes (Rúa O Vilar, 17).

Aliás, a vindeira quinta feira (21 de febreiro), a Facultade de Xornalismo (Campus Norte) acollerá máis unha conferencia en que membros do proxecto debullarán polo miúdo as novidades que Sermos Galiza incorpora após o seu segundo lanzamento. 

Ao longo deste mes de febreiro mais tamén o vindeiro mes de marzo, Sermos Galiza continuará percorrendo as vilas e cidades de todo o país. 

Comentarios