Os Comités aseguran que o decreto das bolsas obrigará á devolución de cartos a moit@s estudantes

O PP aproba o decreto das bolsas no primeiro Consello de Ministros de agosto, en pleno período de ferias dun estudantado que se atopará á volta, segundo os Comités, cun “grave ataque ao ensino público”.  O decreto aumenta os requisitos académicos e contempla tamén as bolsas para alumnado das universidades privadas. 

Mónica Martínez
photo_camera Mónica Martínez

“O único que persegue é expulsar @s fill@ss da clase traballadora do ensino”. Así valoraron os Comités o decreto de bolsas e axudas ao estudo para o vindeiro curso 2013-14 aprobado polo Consello de Ministros e publicado onte no BOE. 

A organización estudantil nacionalista critica o decreto elaborado polo ministerio de Wert por supor un novo ataque ao ensino público que limitará nesta situación de crise o acceso ao ensino universitario segundo o nivel adquisitivo da familia. “O único que vai provocar este novo Real Decreto é que moit@s estudantes da clase traballadora teñan que deixar os estudos ao non poder face fronte, sen unha bolsa, ao pago da matrículas e aos gastos que conleva estudar fóra de caso” sinala Mónica Martínez, Responsábel Nacional dos Comités. 

Denuncian ademais que, dado o carácter retroactivo do decreto, aplicado xa nas bolsas deste curso moit@s @s estudantes terán que devolver os cartos recibidos por non aprobar o 50% dos créditos que estaban matriculados. 

Requisitos en nota e bolsas para a privada

O decreto contempla unha media de 5, en ensino medio, e 6,5 no selectivo para o estudantado de nova matriculación para accederen ás bolsas. En canto a estudantes que continúen a súa formación universitaria esíxese un ,5 para teren exención do pago de matrícula e superar a totalidade dos créditos do curso anterior en todas as especialidades agás as titulacións técnicas para que o que se require o 85%. Se non fora así, esixiríase o 6,5 de nota media e  superados 90% dos créditos en artes e humanidades e ciencias sociais e xurídicas. En canto a Ciencias da Saúde requiriríase unha media de 6’5 e superados 80% dos créditos;  6’0 e superados 80% dos créditos en ciencias mentres que en técnicas a nota sería de 6’0 e superados
65% dos créditos.

Os Comités critican tamén que a pesares da redución de prestacións e os recortes en ensino público, o decreto contemple a obtención de bolsas polo alumnado matriculado en universidades privadas, “o
que ven a demostrar unha vez máis o interese do Partido Popular por crear unha universidade elitista, só ao alcance duns poucos, daqueles que se poidan permitir algo que xa é un luxo”, denuncian. 

Comentarios