venres 24/09/21

Colexio de Enxeñeiros considera inadecuada a curva da Grandeira para a alta velocidade

A actuación fíxose en base a un trazado dos anos cuarenta do pasado

Carlos Nardiz Ortiz, decano do Colexio de enxeñeiros de camiños, canais e Portos de Galiza ten claro que o trazado da curva da Grandeira, en Angrois, é inadecuado para a alta velocidade.

Nardiz lembra, en declaracións á Cadea Ser, que a curva onde se produciu o tráxico sinistro que custou a vida a 78 persoas é resultado de desdobrar a liña ferroviaria anterior. Unha liña que era dos anos 40 do século pasado e que respondía ás características, necesidades e posibilidades daquela época.

Para o presidente do Colexio de enxeñeiros, no futuro será preciso volver reelaborar a infraestrutura ferroviaria da capital de Galiza. Indicou na emisora de radio que a actual estación manteríase para as liñas e conexións do Eixo Atlántico. Mais que será precisa outra ubicación para as conexións con Madrid.

comentarios