Coalición Galega concorda co manifesto “Pola unión: Galiza existe e quere existir”

Coalición Galega concorda coa visión exposta no manifesto Pola unión: Galiza existe e quere existir e afirma que aí están as claves “do que debe facer o galeguismo para as próximas eleccións xerais. 

coalición
photo_camera S. X. Fernando Alonso, e do Coordinador de Lugo Xabier Grandio

A través dun comunicado, Coalición Galega mostra o seu apoio ao escrito no manifesto “Pola unión: Galiza existe e quere existir” xa que, segundo anotan, “é posible e necesaria unha unión transversal, que non exclúa a ningún galego, que emane da cidadanía, que conte co a colaboración e complicidade dos partidos de obediencia galega”.

Como prioridades para a vindeira lexislatura sitúan a rexeneración democrática, a cohesión social e o autogoberno nunha unidade que, engaden, ten que ser pensada para loitar contra a corrupción, o desemprego, a pobreza e a recentralización. 

O bipartidismo, sinalan no comunicado, converte “o Parlamento Galego nunha institución inoperante e o goberno de Feijoo nunha delegación do goberno de Madrid, unha xestoría dos recortes orzamentais impostos polo goberno central en materia de saúde, ensino e dependencia”. Pola contra, apostan por “políticas propias” 

Reforma constitucional 

Desde Coalición Galega defenden a necesidade dunha reforma constitucional para acadar un modelo democrático, unha vez analizan a situación actual cunha política económica dirixida polo FMI e o IBEX 35, ausencia de democracia participativa, poder xudicial controlado polo político e clientelismo, nepotismo, corrupción e desigualdades sociais. “Para iso precisase un grupo parlamentar importante en Madrid que poida defender estas teses”, rematan. 

Comentarios