A CIG denunciará por vía penal a persecución sindical destapada pola Pokemon

A CIG denunciará por vía penal por un delito contra a liberdade sindical ao concelleiro de Santiago Adrián Varela. O levantamento parcial do sumario da Pokemon destapou tamén a persecución a unha traballadora por ser compañeira dun sindicalista da central nacionalista á que Varela presionaba para despedir. 

Adrián Varela
photo_camera Adrián Varela

A CIG recorrerá por vía penal e os grupos do PSOE e BNG esixiron o inmediato abandono do concelleiro Adrián Varlea do seu cargo, dada a gravidade dos feitos que deixou á vista a apertura do sumario da Pokemon. Segundo conversas recollidas no documento ao concelleiro de Deportes de Santiago, Adrián Varela, molestáballe e reclamaba á empresa Vendex que despedira unha traballadora por ser compañeira dun sindicalista da CIG que “nos está tocando los huevos”, segundo consta no sumario.

A CIG xa anunciou que recorrerá por vía penal o caso por se tratar dun atentado contra a liberdade sindical. A centran nacionalista pon en cuestión como dada a gravidade das declaracións recollidas no sumario aínda non está procesado o concelleiro Adrián Varela xa que a súa represión os dereitos e liberdades recollidas Constitución. A Xunta de Persoal do Concello fixo público un comunicado no que denuncia a situación de persecución sindical e tanto o grupo do PSOE como o do BNG esixiron que o concelleiro Adrián Varela abandone de inmediato o seu cargo. 

Comentarios