CIG posiciónase contra a dispersión d@s pres@s independentistas

O sindicato nacionalista pide que o goberno central respete a lexislación internacional e española a respeito dos dereitos d@s pres@s independentistas

A Executiva Confederal da CIG acordou amosar a través dun comunicado o seu rexeitamento á dispersión penitenciaria que o Goberno español lles aplica sistematicamente os pres@s independentistas. Dende a central nacionalista reclaman que se garantan os dereitos das persoas presas e das súas familias e censuran que esta práctica -que conculca a propia lexislación española- castiga tamén a familiares e amig@s.

Dende a CIG critican que con esta política de dispersión penitenciaria que o Estado español aplica "dende hai máis de tres décadas unicamente contra os pres@s independentistas penalízase tamén ás súas familias e amizades". Neste senso, lembran que a tanto a propia Lei Penitenciaria como a Constitución españolas establecen o dereito dos pres@s a permaneceren recluídos en centros que se atopen o máis cerca posíbel do seu domicilio habitual.

Finalmente, salientan que os constantes incumprimentos nesta materia por parte do Goberno español motivou numerosas denuncias de distintos organismos e institucións internacionais.

Comentarios