A CIG pide que non se merque en festivos

“13 horas ao día, 6 días á semana. Non che parecen abondo?”, desta maneira a CIG reclama a través dunha campaña que se difunde de maneira especial na rede que non se merque en domingos e festivos. 

Campaña comercio
photo_camera Campaña comercio

A CIG bota a andar a campaña no primeiro domingo do mes de decembro na que centros comerciais e tamén comercio abren as súas portas, en datas de especial incremento do consumo pola proximidade do Nadal. 

A central nacionalista convida á cidadanía a non mercar nin en domingos nin en festivos. “Non á explotación laboral do convenio colectivo de grandes almacéns” lese nos cartaces da campaña na que un reloxo sen horas cambia a esfera por un carriño da compra atravesado pola banda de prohibido. 

Comentarios