Cifran nun 27% o descenso de usuari@s na AP-9 pola protesta contra as portaxes

A plataforma 'Todos contra a suba das peaxes' botou man dos datos da Dirección xeral de tráfico para calcular o seguimento da mobilización que convidaba a 'desertar' do vial de pago para rexeitar a suba das taxas por parte da concesionaria, Audasa, que en 2012 se sitúa nun 13%


A mobilización impulsada pola plataforma contra a subida das portaxes informou de que o tráfico da AP-9 descendeu nun 27% nesta terza feira, día en que @s conductor@s que empreguen esta autoestrada estiveron chamadas a manifestar o seu desacordo cos prezos desta. A maneira de secundar a mobilización era recorrer a outras vías de comunicación, como mostra clara de desacordo coa imposición por Audasa de prezos que entenden como "abusivos". Os custos incrementáronse un 13% en 2012.

Mediante un comunicado de imprensa, a plataforma facilita os datos do ministerio español de Fomento e quéixanse de que Audasa, a empresa concesionaria da autopista, se negase a lles ofrecer información ao respecto, criticando o seu "silencio sospeitoso". Así as cousas, centran a análise do tráfico en dous puntos quilométricos do vial de pago con sensores da Dirección xeral de tráfico: o km.66, atravesado o día 29 por 950 carros, fronte aos 690 que circularon na terza; e o km.76, onde a comparación hai que a facer entre os 1.200 vehículos da segunda e os 980 que pasaron por el cadrando coa xornada de protesta.

Cómpre tomar en consideración que estes puntos quilométricos están situados na contorna urbana, polo que algúns dos carros contabilizados poderían ter circulado por unha estrada convencional. Aínda que a mobilización remata esta cuarta ás doce da noite, desde o colectivo manifestaron xa a súa "satisfación" coa resposta d@s condutor@s. O colectivo recorreu ás redes sociais para convocar a protesta, á cal se adheriron máis de 3 mil persoas. Advirten desde a plataforma que se o 1 de xaneiro Audasa non atendeu as súas peticións, "haberá mobilizacións máis contundentes".

Comentarios