Nova traxedia no mar de Vigo con tres mortos e dous desaparecidos

Arredor das tres da madrugada, no entorno das Illas Cíes, produciuse un choque dun mercante e un pesqueiro que provocou tres mortos e dous desaparecidos. 

Un mercante que transportaba coches da Citroen ao porto de Vigo e un pesqueiro chocaron por volta das tres madruga dos arredores das Illas Cíes provocando tres mortos nunha tripulación na que hai aínda dous homes desaparecidos. O pesqueiro, que levaba dez homes na tripulación, afundiuse despois da abordaxe nunha nova traxedia no mar. Cinco mariñeiros foron rescatados con vida así como os corpos de tres falecidos quedando aínda sen atopar dous dos tripulantes. Cinco horas despois, continúa a busca na zona por parte de remolcadores, a lancha Salvamar, helicópteros de Salvamento Marítimo e tamén outros bascos pesqueiros da Ría.

Comentarios