CARA AO 8M

Os centros de ensino continúan a estar dirixidos maiormente por homes

78 % de homes na dirección dos centros de Primaria no que o 81% de ensinantes son mulleres. Só 5,35% de directoras en Secundaria, nivel no que o 64% son profesoras. Un estudo da CIG-Ensino confirma que a desigualdade de xénero continúa nas direccións dos centros educativos. 

photo_camera comedor escolar

 

En Primaria, segundo o informe do sindicato nacionalista, un 81% do profesorado son mulleres mais a situación muda nos cargos de dirección nos que o 78% son homes. En Secundaria, a desigualdade continúa e cando o 64% son profesoras mais o peso porcentual dos directores é de 71%. 

Á vista dos datos a CIG-Ensino reclama un Plan de Igualdade na Consellaría de Educación que xa solicitara con anterioridade. “Un plan que, á vista dos resultados, non só é legalmente preceptivo, senón completamente necesario para evitar as diferenzas e que estas sigan aumentando. Un plan en que a propia Administración actúe de xeito responsable neste eido, establecendo os mecanismos necesarios para facilitar ao profesorado a conciliación da vida familiar e laboral e que esta non repercuta no acceso aos cargos de dirección”, defenden desde o sindicato nacionalista desde o que acusan de “neglixencia” o incumprimento mesmo da Lei de Prevención sobre a determinación de postos de risco para o embarazo.

Esixen así á Consellaría que artelle mecanismos encamiñados á igualdade real “entre quen forma o colectivo e quen toma as decisións” e lembran o relevante papel do ensino para a “eliminación dos condicionamentos sociais que prexudiquen a creación dunha sociedade igualitaria para todos e todas”. 

Comentarios