Cascos avala a López Sors e di que de 45.000 barcos só naufragou un

Na súa declaración no seu xuízo do Prestige, o ex ministro de Fomento afirma que o Goberno cumpriu coa legalidade vixente. Cascos avalou a López Sors e dixo que de 45.000 barcos só naufragou un.

Cascos defendeu a xestión realizada polo director xeral da Mariña Mercante, López Sors, o único cargo gobernamental procesado nesta causa.

Na súa declaración ante o xuíz, o ex ministro de Aznar deitou toda a responsabilidade do sinistro no propio buque. O seu discurso foi o de presentar o naufraxio do Prestige como un evento estatisticamente inevitábel. Relativizouno mesmo ao afirmar que dos 45.000 buques que transitan polo corredor marítimo de Fisterra só naufragou un, o Prestige, proba, segundo el, de que os protocolos e as condicións de seguranza funcionan. O culpábel do sinistro, de acordo coa estatística, foi, portanto, o propio buque, razoou.

Sobre a súa ausencia da Galiza durante a xestión do sinistro, afirmou: "Se tivese sido de utilidade na Coruña, non me tería ido de cacería".

Comentarios