Canto nos custou o Prestige? A resposta a esta e a outras cuestións, no nº17

A marea negra do Prestige, dez anos despois; a operación Pokémon e os intereses que agocha; como a Xunta baila o ritmo que toca NGB; a xostregada do PP ao modelo actual de produción do mexillón; as agresións con rango de lei que aprobou o goberno de Feijóo nestes tres anos contra o patrimonio natural galego; as eleccións en Venezuela e nos EUA; e unha conversa a dúas voces con Sonia Méndez e Xacio Baño sobre a situación do audiovisual. Todo isto e moito máis, en 32 páxinas

Máis unha sexta feira, o galego volve aos quiosques nas páxinas do semanario Sermos Galiza. De seguido e en pequenas pílulas, debullámosche todos os contidos:

  • analizamos a catástrofe do Prestige 10 anos despois e ás portas do xuizo. Sinalamos consecuencias e responsabilidades
  • na crónica política, os xulgados marcan as urnas: a operación Pokemon e a súa irrupción en campaña, ademáis das sancións da xustiza á Xunta
  • debullamos o impacto da redución do orzamento da Xunta en I+D+i e como esa decisión golpea tecido educativo e económico
  • NGB marca os ritmos da Xunta sobre como e cando actuar nas preferentes. Contámoscho neste número
  • tratamos como Xunta e patronal conserveira van da man para rematar co modelo actual de produción d mexillón, con miles de produtores
  • o natural é político. Tres anos co PP na Xunta aprobando leis e decretos para espir e agredir o patrimonio natural da Galiza
  • tamén abordamos como a Xunta aplicou 'ao seu xeito' un sistema de xestión de calidade da FP que só trouxo máis burocracia
  • en Internacional, as eleccións en Venezuela, onde se poñen fronte a fronte dous proxectos para o país, e tamén botamos unha ollada á recta final das eleccións en EE.UU
  • na sección de Deportes, achegámonos até Ourense, a capital do futbol sala feminino
  • en Memoria, falamos con Victorino Pérez Prieto de Prisciliano, un mito necesario para Galiza
  • tamén podes ler a entrevista os cineastas Xacio Baño e Sonia Méndez, que analizan preocupante situación do sector
  • na crítica literaria, Mario Regueira achéganos a 'Marcas de nacemento', de Nancy Huston
  • na sección Do outro lado do río, Carlos Quiroga fálanos do antifranquismo galego e o romance portugués
  • na crítica de cinema falamos de Moon, o filme de Duncan Jones
  • María Xosé C. Trillo aborda a vindicación dunha educación racional en Emilia Pardo Bazán
  • interesámonos por como a desidia dos organismos públicos e relixiosos favorece o roubo dun rico patrimonio nas igrexas do país
  • na sección de Andar a Terra, o colectivo XEA segue a descobrirnos a marabilla que é a Serra dos Ancares
  • en Deseño e moda achegámonos a Masscob e as súas ideas
  • Okapi fainos gozar co teatro, humor e imaxinación de Migallas, 'Tod@s somos artistas' é a consigna
  • entrevistamos ao músico Abraham Cupeiro, que recoñece que "na música son promiscuo"
  • lembramos a Man, no décimo aniversario do seu pasamento. O alemán que chegou a Camelle para facer desta costa a súa patria

Comentarios