Caneiro chama "dilixente e laborioso" ao conselleiro do decreto antigalego e os recortes nos comedores

"Gobernante dilixente e laborioso", "reequilibra o copagamento (nos comedores escolares) para protexer os desfavorecidos", "bon conselleiro por xestión e por talante". Estas son algunas das frases que o escritor Xosé Carlos Caneiro deita nunha opinión centrada en gabar a Xesús Vázquez
Caneiro

Máis unha vez, Xosé Carlos Caneiro adica unha das súas columnas habituais en La Voz de Galicia a gabar a un membro do goberno popular. Nesta ocasión, ao conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez, do que afirma que reforzou a educación en Galiza nestes anos. O escritor e opinólogo -cada día máis entregado ao oficio de apoloxeta do Goberno Feijóo- sinala que neste mandato con Vázquez á fronte da Consellería "optimízanse índices de fracaso ou abandono escolar", aliás de "avanzar en medición de competencia" do alumnado.

Como non, Caneiro contrapón esta imaxe idílica á que se vive en territorios baxo goberno "socialista o nacionalista", onde todo é un desastre. Caneiro mesmo aventura: "Os críticos de Vázquez queren que lles conte qué pasou en Andalucía e Cataluña ou déixoo para mellor ocasión?". Pois debe deixalo para mellor ocasión porque non artigo non fornece ningún dado ao respeito.

"Os críticos de Vázquez queren que lles conte qué pasou en Andalucía e Cataluña ou déixoo para mellor ocasión?"

Na súa opinión, tamén afirma que é un "gobernante dilixente e laborioso", "reequilibra o copagamento (nos comedores escolares) para protexer os desfavorecidos", "bo conselleiro por xestión e por talante".

Finaliza Caneiro sinalando que a idea do repagamento nos comedores escolares  "é xustiza de Estado, virtude, tal como ensinou Platón na súa República. A oposición prefire, como fixo antes, subvencionar por igual a pudentes e humildes. É iso igualdade?. Eu non o creo".

Comentarios