Calviño anunciará hoxe a renuncia á acta de deputado

Acompañado de Xosé Manuel Beiras anunciará a demisión de David Fernández Calviño.

anova_capa
photo_camera anova_capa

Fernández Calviño anunciará hoxe a súa renuncia á acta de deputado, segundo informan distintos medios, despois de se ter incorporado o pasado día 1 de novembro ao seu posto na universidade en Copenhage. O anuncio de renuncia de Calviño será agora definitivo xa que, daquela, o deputado de AGE tamén fixera pública a súa marcha, da que tivo que recuar ao persistir a segunda da lista Carme Iglesias Sueiro na idea de ocupar o escano e desnivelar a correlación de forzas de AGE, quedando seis para EU e só tres para a formación liderada por Beiras.

Despois de medio mes de polémica, a coalición quere zanxar a cuestión permitindo que o deputado de Ourense se incorpore a tempo completo a súa praza universitaria malia que iso supoña a perda do escano pola provincia e a incorporación da candidata de EU que, previsibelmente, constituirá o grupo mixto e, segundo anunciou Iolanda Díaz, será expulsada da súa organización política.

A coalición AGE terá aínda que resolver a maneira de solucionar a desproporción das forzas que aínda persistiría na cámara, que, de se dar esta circunstancia pasaría a ter un grupo de 8 escanos, 5 de EU e 3 de Anova. 

Comentarios