Caamaño di que Rubalcaba non sería "o candidato ideal" do PSOE nunhas xerais

Entrevista da Radio Galega a Fran Caamaño, deputado e secretario provincial do PSdeG-PSOE na Coruña. "Non creo que Rubalcaba sexa o candidato ideal" para levantar o proxecto socialista, dixo. Remarcou que era unha opinión a título individual. Non desbota ser candidato nas primarias en Galiza. Deu toda a impresión de que o será.
Fran Caamano
photo_camera Fran Caamano

Caamaño, que apoiou Carme Chacón no congreso do PSOE, mantén a súa distancia a respeito de Alfredo Pérez Rubalcaba, a quen non considera idóneo para a rexeneración do proxecto socialista.

Na entrevista, empregou un ton de precampaña interna, embora aínda non teña anunciado formalmente que concorrerá a liderar o PSdeG. Condicionou a decisión final a que se convoquen primarias e a que, consecuentemente, o candidato á presidencia da Xunta o voten tod@s @s militantes do partido.

Sobre o calendario, el prefire que as primarias sexan antes do verán, dixo: "É unha decisión que ten que tomar o Comité Nacional o día 2".

Non lle ve problemas a que os estatutos do partido non contemplen neste momento o sistema de primarias para a escolla d@ candidat@. "Non todo o que non está nos estatutos é ilegal", considerou.

Comentarios