xoves 04.06.2020

Bombeiros de Santiago denuncian a "xestión ineficaz" no operativo de emerxencia do accidente de Angrois

Critican o "funcionamento en xeral dos servizos de emerxencia" e a súa "xestión privada". Embora recoñecen "a labor realizada" [email protected] profesionais [email protected] no accidente ferroviario, denuncian a falta de coordinación durante o operativo de rescate que atribúen a unha Axencia galega de emerxencias "ineficaz" asentada "en intereses privados"

Bombeiros despregados no sinistro de Angrois
Bombeiros despregados no sinistro de Angrois

Aseguran que "os únicos xefes lexítimos" que recoñecen son "os cidadáns" e que en virtude do seu dereito "a estaren informados" queren partillar coa poboación as súas "reflexións" a respeito do acontecido no plan de emerxencia desenvolvido o pasado 24 de xullo.

A través dun extenso informe elaborado a partir do operativo de rescate despregado no accidente ferroviario de Angrois, os bombeiros do Concello de Santiago denuncian a falta de coordinación entre as equipas que participaron do plan de emerxencia. Os representantes sindicais deste servizo na capital galega, critican con dureza que a resposta ineficaz e os erros cometidos se deben a un sistema de emerxencia cuxa finalidade non é a "dun servizo público" nin "de calidade". 

Critican con dureza que a finalidade do sistema de emerxencia non é a "dun servizo público" nin "de calidade"

Asemade, denuncian "a falta de capacidade" dos Gobernos español e galego para "xestionar con eficacia" un operativo de rescate como o despregado no accidente ferroviario de Angrois. 

Os bombeiros defenden "a xestión pública" e a "profesionalización" do servizo

"A nosa crítica" afirman con rotundidade desde o corpo de bombeiros da capital da Galiza "refírese ao sistema, ao funcionamento xeral de emerxencia e, concretamente, aos Servizos contraincendios e de salvamento". Aclaran no documento feito público esta segunda feira, o seu recoñecemento á "labor realizada no sinistro" [email protected] profesionais que tomaron parte do operativo mais denuncian a "Axencia galega de emerxencia" pola súa ineficacia na resposta e pola "falta de coordinación" das distintas equipas. 

Denuncian que a Axencia galega de emerxencias é "ineficaz" e demandan a creación dunha nova máis "profesional e operativa"

Para os Bombeiros de Compostela no noso país "non pode existir un plan real de coordinación" dos servizos de emerxencia "cando existen tantos e tan variados grupos de actuación" (bombeiros funcionarios, bombeiros privados, bombeiros laborais, Grumires...) e aseguran que a diversidade no acceso á información e á formación destas equipas impiden "traballar ao unísono" @s profesionais. Aliás, aseguran que a "xestión privada dun servizo que debe ser a todas luces público" limita a súa capacidade de actuación. 

Así pois, exixen á Xunta de Galiza a "profesionalización" dos servizos de emerxencia e salvamento e a priorización da súa "xestión pública" de acordo coa Lei de emerxencias de Galiza na que, asemade, se contempla a creación dun Estatuto profesional para o sector. Asemade, instan á creación dunha "carreira profesional" que garanta "a formación" [email protected] traballadoras e traballadores. 

Defenden "a profesionalización" do servizo e a súa "xestión pública" fronte aos recortes en persoal e medios que padecen 

Aliás, exixen ao Goberno galego a creación dunha Axencia galega e emerxencias "profesional e operativa" que conte con "persoal cualificado" e "medios" dabondos. 

Sen reposición das xubilacións desde 2006
No informe elaborado polos Bombeiros de Santiago denuncian os recortes sofridos polo sector desde o estourido da crise. Así as cousas, salientan a que amais do "abandono xeral" na Galiza, "resulta sangrante" --din-- "a situación de deixadez que vén experimentando o Servizo de extinción de incendios e salvamento de Santiago". 

Neste senso, lembran que ademais do Parque de Bombeiros prometido e que actualmente se atopa en desuso, o plantel de traballadoras-es "vai mermando" ao tempo que os "medios materiais" cos que contan fica "lonxe de estar á altura do que corresponde" á capital do país. Asemade, denuncian que desde 2006 "non se repoñen as xubilacións" contando o servizo con 57 efectivos dos cales, só 9 bombeiros compuñan o servizo mínimo cando o Alvia Madrid-Ferrol descarrilou á altura de Angrois. 

comentarios